GRUPO DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL A CARBALLEIRA DE CERCIO

O grupo de baile e música tradicional A Carballeira de Cercio, naceu en dita parroquia no ano 1997 baixo a dirección do prestixioso profesor, ex – director da Escola de Muiñeira de “Cantigas e Agarimos” Juan Morandeira. En pouco tempo convirtese nun dos principáis referentes do Folclore no Concello de Lalín, sendo hoxe un dos máximos exponentes dentro do baile tradicional na Comarca del Deza.

Hoxe conta con 30 compoñentes das mais diversas idades e está sendo levado por un grupo de profesores dirixidos por Marita Casal (profesora de baile),e Xurxo Salgado(profesor de gaita e percusión) . Tamén nestos momentos conta cunha escola de baile con rapaces entre os 4 e o 12 anos. O longo da sua traxectoria leva a cabo numerosas actuacións entre as que destacamos as realizadas en Portugal ( Vila de Lordelo, en Lisboa, Povoa de Varzim, en Leiria,etc..), as feitas o longo da xeografía española  como en Yepes(Toledo), Calatayud ( Zaragoza), Alcañices (Zamora), Oviedo(Asturias), Coín(Malaga), Oliva(Alicante), etc…. Tamén compre destacar as suas aparicións televisivas en diferentes programas da TVG e de TVE, destacando as actuación feitas nas Galas de entrega de premios de periodismo gastronomico Alvaro Cunqueiro, emitidas dende Lalín.

En Galicia actua en lugares das catro provincias, destacan a súa participación en Festivais de folclore en Coruxo, Pontevedra, Bandeira(Silleda), Oca (a Estrada), en Monterroso, Chantada, Marín, etc… e como non a participación nas festas patronais do Carballiño, Vilalba, Lalín, Silleda, etc….

O grupo a Carballeira, celebra asimesmo durante o mes de xullo, un festival de baile tradicional(o único destas características no concello de Lalín). Polo esceario deste festival, que acadou este ano a súa X edición, pasaron grupos de Portugal, Toledo, Zaragoza, Asturias, etc…a parte doutros grupos da xeografia galega.

Dende fai tres anos o grupo ven entregando os Premio A Carballeira a defensa do folclore ou a Cultura tradicional no ambito da Comarca do deza e do Concello de Lalín, entre os premiados nomes ilustres como : feira do Cocido, Romaria de San Cidre ( Vila de Cruces), romaria do Rapaz en Silleda, Agustín Lopez Torres ou a parroquia de Zobra, entre outros. O grupo tamén conta con tres distinguidos socios de Honra pola sua labor en prol do ben da agrupación. Eles son a Familia García Eiras, Belisario Gil, e Moncho Lorenzo.

O repertorio tanto músical como de baile da agrupación e variado e adaptable según as súas actuacións, tratando sempre de sumerxer o público na mesma para facelos particpes da festa.

 

 

VOLTAR O INICIO